BENVIDOS

Benvidos a este blog creado como espazo de difusión do programa PIALE (Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras), que permite a profesorado tanto CLIL como especialista en linguas a posibilidade de disfrutar de estadías noutros países para practicar a lingua e coñecer o seu sistema educativo.
Son Ana, profesora de inglés do IES Sofía Casanova e tiven a oportunidade de participar na última convocatoria do PIALE. A miña experiencia tivo lugar do 11 de novembro ao 9 de decembro de 2019. Pasei esas catro semanas en Ottawa, a capital de Canadá, onde me integrei na vida cotiá dun centro de secundaria, asistindo a clases de distintas materias e niveis. Foi unha experiencia enriquecedora que me permitiu coñecer dende dentro a vida escolar e á vez perfeccionar a lingua. En próximas entradas compartirei distintos aspectos da miña experiencia convosco.

Comentarios

Entradas populares de este blog

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA